Prensa

Dende unha política de transparencia informativa, As Cancelas pon á disposición dos medios toda a actualidade xerada polo centro comercial. A información contida nas notas de prensa pode ser utilizada libremente.

14 de decembro de 2012

As Cancelas acollerá a 13ª edición das Xornadas de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, organizadas por Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela. Estas xornadas desenvolveranse os días 18 e 19 no centro comercial, en horario de 16 a 21 horas, e incluirán un mercadiño de pezas de artesanía realizadas con materiais elaborados por persoas con dano cerebral adquirido.

11 de decembro de 2012

Como parte da campaña Fai a súa vida un pouco máis doce, promovida polo Consello Regulador Mel de Galicia, mañá terá lugar en As Cancelas un taller de packaging profesional aberto a todos os públicos e no que se ensinará a envolver regalos con imaxinación e creatividade.

29 de novembro de 2012

O Centro Comercial As Cancelas colabora na campaña Fai a súa vida un pouco máis doce, promovida polo Consello Regulador Mel de Galicia.

Pages