Política de Privacidade e Protección de Datos

AS CANCELAS SIGLO XXI, S.L. (en diante a Compañía), pon en coñecemento dos usuarios da páxina www.ascancelas.es (en diante a Páxina) a lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, privacidade dos usuarios, e o segredo e seguridade dos datos persoais.

Para isto adóptanse as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal contidos nos mesmos e para evitar a súa alteración, perda, tratamento, ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos, e os riscos aos que están expostos.

A Compañía  pon en coñecemento dos usuarios da Páxina que os seus datos de carácter persoal só poderán obterse para o seu tratamento cando sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que foran obtidos. Serán cancelados cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para esa finalidade, ou cando o solicite o titular no exercicio dos seus dereitos.

Os datos persoais facilitados serán incluídos nos ficheiros, manuais ou automatizados rexistrados na Axencia Española de Protección de Datos, baixo titularidade da Compañía, que utilizará para a adecuada xestión da relación contractual.

Informámoslle que pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita, achegando copia do seu documento nacional de identidade ou documento equivalente, e dirixida ao domicilio da Compañía situado na Avda. do Camiño Francés S.N C.P. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), ou mediante o envío dun correo electrónico ao seguinte enderezo info@ascancelas.es

O usuario será o único responsable da veracidade dos datos facilitados á Compañía.

Os campos marcados cun asterisco (*) nos formularios habilitados na Páxina son de indicación obrigatoria, de modo que non indicar algún deles non poderá continuar co seu envío.

A información e consentemento relativa á protección de datos de carácter persoal así como as condicións para os usuarios da páxina que participen en eventos, concursos e promocións que se organicen pola Compañía no Centro Comercial, serán especificadas nas bases de participación ou convocatorias, que se publicarán a tal efecto na presente páxina web ou que estarán á súa disposición no punto de atención ao cliente do Centro Comercial. Para todo o non previsto nas bases será de aplicación a presente política de privacidad.

A Compañía administra o seu entorno de servidores de forma adecuada, tendo unha infraestrutura firewall de estrito cumprimento. Utiliza continuamente tecnoloxías actuais para asegurarse de que o carácter confidencial e privado da información non estea comprometido.

Calquera cambio realizado na Política de Privacidade e nas prácticas de administración da información reflectirase de forma oportuna, pudendo a Compañía engadir, modificar ou eliminar a devandita política de privacidade cando o estime necesario.