As Cancelas

Con 50.000 m2 e 2.300 prazas de aparcadoiro gratuítas, As Cancelasé o centro comercial líder na área de Santiago de Compostela. Copropiedade de Carmila e Realia e xestionado por Carrefour Property.

A oferta do centro distribúese en tres plantas nas que destacan as 8 salas de cine de CINESA, un Hipermercado Carrefour, 15 locais de restauración e unha completa variedade de tendas de moda que agrupan os seus descontos e promocións a través da tarxeta de fidelización do centro.

As Cancelas é un espazo pensado para a comodidade do visitante, cunha oferta de ocio e cines que se mantén aberta de luns a domingo os 365 días do ano e contando con aparcadoiro gratuíto tamén para bicicletas e motos, zona WiFi, despachos e sala de lactación.

Sempre pensando nas familias, As Cancelas conta co Club de Celi, un club infantil que aglutina todas as actividades infantís do centro, sempre gratuítas, e que conta xa con máis de 6.000 socios.