As Cancelas ensina a envolver regalos con imaxinación e espírito solidario

11 de decembro de 2012

Mañá terá lugar no centro comercial un taller de ‘packaging’ dentro dea campaña “Fai a súa vida un pouco máis doce”, de Mel de Galicia.
Para participar na actividade, é preciso inscribirse previamente e achegar un xoguete, que se entregará a Cáritas Galicia.

 
Como parte da campaña Fai a súa vida un pouco máis doce, promovida polo Consello Regulador Mel de Galicia, mañá terá lugar en As Cancelas un taller de packaging profesional aberto a todos os públicos e no que se ensinará a envolver regalos con imaxinación e creatividade. A actividade desenvolverase entre as 16:30 e as 20:00 horas na planta 1 do centro comercial e estará dirixida pola experta Anuca Brianes. Para participar cómpre reservar praza a través do correo electrónico ourodoce@mieldegalicia.org e aportar un xoguete non bélico. Os xoguetes que se consiga reunir serán entregados a Cáritas para facer un pouco máis feliz e “doce” o Nadal dos nenos e nenas galegas con menos recursos.
 
Para converter a tarde nunha auténtica festa, haberá tamén actividades de maquillaxe e globoflexia para os máis pequenos, a cargo da Titiriteiras, así como música e baile da man de Falcatrueiros de Monterroso, asociación cultural que se dedica dende 1885 a promover a cultura galega a través da danza.
 
Con esta campaña, Mel de Galicia e As Cancelas queren pór o seu grao de area para espallar a conciencia solidaria en toda a sociedade.