Prensa

Dende unha política de transparencia informativa, As Cancelas pon á disposición dos medios toda a actualidade xerada polo centro comercial. A información contida nas notas de prensa pode ser utilizada libremente.

19 de novembro de 2012

En apenas tres días e medio, o Centro Comercial As Cancelas recibiu un volume de visitantes que supera con creces a poboación censada en Santiago de Compostela. Desde a apertura de portas o xoves día 15, ás 12 horas, ata o final da xornada do domingo, día no que abriron os locais de lecer e restauración, As Cancelas recibiu 116.000 visitantes.

16 de novembro de 2012

As televisións locais e mais a autonómica quixeron estar presentes o día da inauguración do centro comercial As Cancelas. Así lle ofreceron a noticia á súa audiencia.

15 de novembro de 2012

As Cancelas, o novo centro comercial de Santiago de Compostela para o século XXI, marcou un auténtico récord de asistencia na súa xornada de apertura. Segundo o previsto, o centro abriulle as súas portas ao público ás 12 do mediodía e na primeira hora e media 7.500 persoas accederon a el, segundo medición realizada co sistema Mírame. Este dato permite estimar que, ao cabo da primeira xornada de apertura ao público, As Cancelas terá recibido 50.000 visitantes, o que establece unna marca sen precedentes no sector e certifica a excelente acollida que os composteláns lle dispensaron ao proxecto promovido por Carrefour Property e Realia.

Pages