Seguen as actividades do Entroido en As Cancelas

15 de febreiro de 2015

Hoxe temos festival de baile de carnaval e inchable

Onte puidemos desfrutar das charangas de TNT e O Santiaguiño.

O Santiaguiño - As Cancelas - Carnaval

TNT - As Cancelas - Carnaval

É domingo e o terceiro día de actividades do Entroido en As Cancelas. Nesta xornada dispoñemos de dous actos principais: o Festival de baile de Entroido, a partir das 12:00 horas; e o espectáculo inchable, dende as 18:00 ata as 20:00 horas.

O Festival de baile de Entroido constará de varias actividades de baile que axudarán a amenizar o ambiente e crear unha atmosfera agradable para os visitantes ao centro comercial. É unha actividad dirixida a ti e os teus compañeiros, e que tamén serve como aperitivo para o que acontecerá o luns 16, xa que na xornada do luns chega o concurso de disfraces, pola tarde.

No tocante ao inchable, xa tivemos un na primeira xornada do Entroido. Trátase de ofrecer un espazo ideal para os máis cativos e permitirlles gozar dunha actividade pensada neles. Todos os pais e nais poden levar aos seus fillos a desfrutar do inchable.

E non esquezas que a próxima semana tamén haberá dous obradoiros: un de marionetas de man e outro de antifaces venecianos. Ademais, tamén teremos dous shows infantís: un deles é un entroido máxico con Magic Edu, e o outro é unha actuación dun recoñecido paiaso chamado Clown Nono, o cal xa fixo varias actuacións a nivel internacional nalgunhas televisións e espectáculos.

Agardámoste.