As Cancelas recibiu 116.000 visitantes no seu primeiro fin de semana

19 de novembro de 2012

A cifra supera as previsións máis optimistas e certifica a magnífica acollida por parte dos habitantes de Compostela e concellos próximos.
Nenos e maiores gozaron das actividades de animación no centro comercial.

En apenas tres días e medio, o Centro Comercial As Cancelas recibiu un volume de visitantes que supera con creces a poboación censada en Santiago de Compostela. Desde a apertura de portas o xoves día 15, ás 12 horas, ata o final da xornada do domingo, día no que abriron os locais de lecer e restauración, As Cancelas recibiu 116.000 visitantes.

O reconto de visitantes do centro realízase mediante a tecnoloxía máis avanzada, baseada en algoritmos que calculan as persoas que entran ao centro. Este sistema, denominado Mírame, detectóu o xoves, na primeira hora e media de funcionamento do centro, unha cifra récord de 7.500 visitantes, o que supón un auténtico acontecemento no sector.

Esta gran afluencia de público supera todas as previsións e certifica a extraordinaria acollida que os habitantes da capital galega e de numerosos concellos dos arredores lle teñen dispensado ao centro comercial.

Os primeiros visitantes de As Cancelas puideron gozar de interesantes ofertas comerciais ds diferentes establecementos (algúns inéditos ata o de agora na cidade); así como de diversas actividades de recreo e lecer promovidas polo propio centro comercial e dirixidas a facer máis fácil e agradable o descubrimento da mellor e máis novedosa oferta comercial e de lecer de Santiago e a súa zona de influencia. Así, entre o xoves e o sábado, os visitantes puideron gozar dun circo itinerante, da visita dos personaxes do espazo de Televisión de Galicia Os Bolechas, que fixeron as delicias dos máis cativos, e de varios espectáculos de teatro e malabares. As actividades recreativas e de animación terán continuidade en vindeira datas, e seguirán tendo ao público infantil como principal destinatario.

Malia gran afluencia de público, as catro primeiras xornadas de funcionamento do Centro Comercial descorreron sen incidentes salientables, a excepción dos problemas ocasionados pola saturación de tráfico nos accesos e vías que conectan co centro.