Xente As Cancelas: Cervecería Internacional

04 de setembro de 2015

No Centro Comercial As Cancelas dispós de varios lugares para gozar do teu tempo libre. Un deles é Cervecería Internacional, localizada na planta 2 de As Cancelas.

Continuamos co noso #XenteAsCancelas cun novo artigo. Nesta ocasión, falámoste de Cervecería Internacional. Como sempre, trátase dunha oportunidade para que coñezas a xente que traballa nos diferentes establecementos de As Cancelas. Queremos que saibas que son persoas próximas a ti. Neste artigo, presentámoste a Miriam, traballadora de Cervecería Internacional As Cancelas, que nos fala do servizo e do que podes encontrar neste establecemento.

As Cancelas Cervecería Internacional Xente As Cancelas

Tes un plan para o teu tempo libre? E un plan para o domingo? Tanto se é unha cousa, coma se son as dúas cousas á vez, en Cervecería Internacional, situada na planta 2 do Centro Comercial As Cancelas, tes un plan. O mellor de todo é que o teu plan pode ser individual, en parella ou con amigos.

As Cancelas Cervecería Internacional Xente As Cancelas

En Cervecería Internacional podes encontrar diversos tipos de cervexa, cafés, menús variados (dende ensaladas e pratos, ata bocadillos e aperitivos), etc. De todos os xeitos, o máis interesante de Cervexaría Internacional é a súa decoración. Cun toque medieval, recorda aos castelos e elementos decorativos propios das catedrais. É como unha combinación entre o clásico e o moderno, o cal se converte en algo moi interesante para o visitante.

Esperámoste en Cervecería Internacional, no Centro Comercial As Cancelas.