San Valentín está tamén en As Cancelas

13 de febreiro de 2015

O día de San Valentín, 14 de febreiro, chega a As Cancelas e no noso Centro Comercial tes todo á túa disposición.

O 14 de febreiro é San Valentín. Esta data coincide coas nosas actividades de Entroido, as cales terán lugar ata o 18 de febreiro. Pero no noso Centro Comercial tamén tes outras actividades, como as rebaixas e a estrea de 50 Sombras de Grey.

A festa de San Valentín, en canto á súa historia, é algo ambigua xa que existen varias versións e non sabemos a orixe exacta dos seus inicios. Na época de Roma se celebraba o día do amor, en memoria ao deus grego Eros, con ofrendas e peticións para encontrar parella. Hai quen sitúa a orixe de todo no reino de Claudio III, nunha época na que os soldados non se podían casar. O emperador cría que no campo de batalla rendían mellor os homes solteiros. San Valentín protagonizou un episodio de rebeldía ao casar en segredo ás parellas novas que llo pedían, pero cando estes acontecementos chegaron aos oídos do emperador quixo coñecer a historia. San Valentín, despois de ser recibido polo emperador, defendeu a súa postura, pero foi procesado xudicialmente. Xa no cárcere, namorouse da filla do carceleiro. A firma que foi colocada nunha carta por parte da rapaza chegou ata os nosos días: "Do teu Valentín". O caso é que o patrón dos namorados foi executado o 14 de febreiro. Outra historia di que a xente visitaba a San Valentín e ofrecíanlle cartas e outros agasallos. Deste modo, esta historia chegaría ata os nosos días na forma de regalar cartas, postais e outros obxectos no día dos namorados. Este costume é moi habitual na actualidade.

San Valentín - As Cancelas (CC BY-SA 2.0 - ruurmo mírame - look at me)

(CC BY-SA 2.0 - ruurmo mírame - look at me)

O 13 de febreiro foi a estrea da película Cincuenta Sombras de Grey nos cines Cinesa do Centro Comercial As Cancelas, situados na segunda planta. O argumento do filme trata a historia de Anastasia Steele, unha muller estudante de Literatura que acepta un encargo consistente en entrevistar a un empresario de éxito chamado Christian Grey. Dende o momento en que Anastasia entra en contacto co home, créase unha química entre eles na que ela cae rendida aos seus pés. A medida que se coñecen os dous, ela entrará nun xogo que mestura sedución, poder e desexo. Esta obra está baseada na exitosa triloxía literaria da escritora británica E. L. James, a cal está formada polos seguintes libros: Cincuenta sombras de Grey, Cincuenta sombras máis escuras e Cincuenta sombras liberadas.

En canto ás rebaixas, estas rematan este domingo, día 15 de febreiro. Tes todas as promocións na nosa páxina web. Podes desfrutar de descontos especiais en varias tendas de restauración, lecer, gran consumo, etc. Lembra que en As Cancelas tes máis de cen estabelecementos á túa disposición.