Resumo do mellor do Mes da Cultura Urbana

28 de febreiro de 2015

Febreiro foi o Mes da Cultura Urbana en As Cancelas. Ofrecímoste a Semana da Cultura Urbana, a exposición de graffiti, o Entroido, o día de San Valentín, as rebaixas e a estrea de Cincuenta Sombras de Grey.

Febreiro é un mes curto, pero intenso. Así é como o podemos denominar para ilustrar con claridade o que se fixo en As Cancelas durante todo o mes.

En primeiro lugar, tivo lugar a Semana da Cultura Urbana, entre os días 4 e 7 de febreiro. Foi un evento con multitude de actividades, dende obradoiros ata exhibicións de graffiti (os días 4, 5 e 6), scratch (día 6), beatbox (día 7) e breakdance (día 7), pasando pola personalización de gorras (día 7). Estes obradoiros e actividades, todos eles de carácter didáctico e práctico, permitiron aos asistentes aprender os fundamentos do graffiti, o scratch, o beatbox e o breakdance, dende unha visión real e en contacto coa xente do grupo cultural Vella Escola. Todos estes eventos tiveron lugar nas instalacións do Centro Comercial As Cancelas. Directamente relacionado con isto, tamén puideches desfrutar dunha exposición de graffiti coas obras dos gañadores do concurso da Xunta de Galicia "Xuventude Crea", na categoría de graffiti.

En segundo lugar, ¿que podemos dicir do Entroido? Pois cremos que foi unha actividade moi intensa este ano, especialmente se se ten en conta a alta participación e a variedade de actividades: espectáculos inchables para os máis pequenos, dúas charangas, un festival de baile de Entroido, un obradoiro de caretas, un concurso de disfraces, un obradoiro de marionetas, dous shows infantís e un obradoiro de antifaces venecianos.

En terceiro lugar, puidemos desfrutar do día de San Valentín (14 de febreiro) e a estrea do fenómeno cinematográfico do momento: Cincuenta Sombras de Grey.

En cuarto e último lugar, están as rebaixas. Ata o 15 de febreiro tivemos descontos en todas as nosas tendas e algúns dos nosos establecementos continuaron coas súas rebaixas ata hoxe mesmo, último día de mes.

Esperamos que o pasaras ben e desexámoste un bo mes de marzo. Atento a exposición da II Guerra Mundial. Dará que falar.