Récord de asistencia na inauguración de As Cancelas, con 50.000 visitantes no primeiro día de funcionamento

15 de novembro de 2012

Máis de 7.500 composteláns visitaron o centro na primeira hora e media de funcionamento.
O centro, inaugurado esta mañá en Santiago de Compostela, marca un récord no sector cun éxito de acollida sen precedentes.
O alcalde de Santiago, a conselleira de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia e varios concelleiros acompañaron aos presidentes de Realia e Carrefour Property na inauguración do novo centro comercial.

As Cancelas, o novo centro comercial de Santiago de Compostela para o século XXI, marcou un auténtico récord de asistencia na súa xornada de apertura. Segundo o previsto, o centro abriulle as súas portas ao público ás 12 do mediodía e na primeira hora e media 7.500 persoas accederon a el, segundo medición realizada co sistema Mírame. Este dato permite estimar que, ao cabo da primeira xornada de apertura ao público, As Cancelas terá recibido 50.000 visitantes, o que establece unna marca sen precedentes no sector e certifica a excelente acollida que os composteláns lle dispensaron ao proxecto promovido por Carrefour Property e Realia.

A posta en marcha de As Cancelas produciuse lodo do acto oficial de inauguración, no que interviñeron Ángel Currás, alcalde de Santiago, Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar e os máximos responsables das dúas empresas promotoras, Justo Martín, presidente de Carrefour Property España, e Ignacio Bayón, presidente de Realia. Tras a bendición do centro e o protocolario corte de cinta, centos de usuarios que esperaban ás portas nunha atmosfera de grande expectación, accederon a As Cancelas e comezaron a gozar da meirande oferta comercial e de lecer da cidade, nun ambiente de festa cheo de sorpresas, actividades de animación, e presentes promocionais para todos.

No seu discurso, Ignacio Bayón destacou a importancia para Realia do proxecto de As Cancelas. “HAfrontamos este investimento, xunto co noso socio Carrefour Property, coa ilusión de saber que será unha fonte de riqueza e emprego para a cidade e mais os seus habitantes”, asegurou o presidente de Realia.

Pola súa banda, Justo Martín subliñou a importancia que tivo para o bo fin deste proxecto a colaboración de todos os implicados, ”promotores, operadores, institucións e administracións; porque nun momento como o actual o futuro  construímolo entre todos. Con proxectos ilusionantes coma este –dixo— poderemos sacar o país adiante”.
 

Un novo referente de lecer e comercio en Galicia
A posta en marcha de As Cancelas supón para Santiago de Compostela e a súa área de influencia un importante salto cara adiante en oferta comercial. Promovido polas inmobiliarias Carrefour Property España e Realia a través da sociedade As Cancelas Siglo XXI, na que ambas as dúas participan a partes iguais, supuxo un investimento duns 90 millóns de euros, cun impacto moi positivo na economía e  no emprego da capital de Galicia. Estímase que o centro comercial recibirá oito millóns de visitantes ao ano.

As Cancelas ten unha superficie bruta total para aluguer de máis de 50.000 metros cadrados, distribuída en tres andares destinados a actividades comerciais, así como outros dos niveis subterráneos destinados a aparcadoiro. Na planta baixa emprázase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga fundamentalmente firmas de moda e complementos. Na segunda instálanse oito salas de cine e unha ampla e atractiva oferta de locais especializados en lecer e restauración. O centro dispón tamén de 2.150 prazas de aparcamento gratuítas, das que 2.000 se encontran nas dúas plantas subterráneas e as 150 restantes na superficie.

Outros servizos, como un punto de repostaxe para vehículos eléctricos, aparcamentos específicos para motos e bicicletas, cómodas salas de lactancia ou conexión wifi gratuíta en todo o centro, fan de As Cancelas un espazo aberto a todos os públicos, pensado para converter a visita ao centro comercial nunha grande experiencia.


Unha gran oferta que combina marcas locais e internacionais

Da man de As Cancelas, chegan a Santiago de Compostela marcas internacionais tan reputadas e atractivas para o público como Carrefour, Primark, H&M, C&A, Cortefiel, Sport Zone ouAdidas.

Xunto elas, o centro conta cunha ampla representación do comercio local e con importantes marcas galegas, entre as que destacan o sete emblemas do grupo Inditex: Zara, Bershka, Stradivarius, Pull & Bear, Lefties, Oysho e Massimo Dutti. A oferta de moda é sen dúbida un dos grandes atractivos do centro comercial, pero destaca taién a variedade de marcas de prestixio en telecomunicacións, fogar, complementos, calzado, xoiaría, equipamento deportivo, beleza e maquillaxe, perfumaría, video-xogos, xogatería, mascotas, etcétera.

A isto súmaselle unha oferta de lecer e restauración sen comparación na cidade: Cinesa ofrece oito salas de cine da máxima comodidade e dotadas da última tecnoloxía, e firmas como Burger King, Forsters Hollywood, Muerde la Pasta, Xi Yue ou Cervecería Internacional, entre outras, reúnense para garantir que a visita ao centro comercial sexa plenamente satisfactoria tamén dende o punto de vista gastronómico.

 

Marcas presentes no centro comercial

Actividade Marca
Alimentación Carrefour, A Tafona de As Cancelas, Circusweet, Mistelánea
Calzado e marroquinería Fosco, Marypaz, Tino González, Gabatta, Vogue LV, Calzarea,
Dick & Paul, Shoes Piel, Paco Martínez, Landra, Krack
Hixiene e beleza Arenal, Centros Único, Cabelos, Kiko, Flash Peluqueros, Súper
Perfumerías, Flormar
Fogar Tien 21, Casa, Kiwoko, Fox Home
Moda Zara, Primark, H&M, Massimo Dutti, Corte_el, Adidas, Women’s
Secret, Benetton,Lefties, Stradivarius, Blanco, Sfera, Oysho,
Calzedonia, Intimissimi, Punto Roma, Jack & Jones, C&A, Shana, Décimas, Sport Zone, Mayoral, Shenior, Mundaka World,
Inside, Polinesia, Nua Modas, Código Denim, Spiral
Lecer e cultura Game, Cinesa, Solpark
Regalos e complementos Centro Xogo, Toque, Plata Cero, Imaginarium, Joyería José Luis,
Le Petit Detail, Party Fiesta, Natura, Claire’s, Kaprichos, Atempo
Alfonso
Restauración Burger King, Foster’s Hollywood, Pans & Company, Cafetería Lois,
Smooy, Pizzbur O Códice, Cervecería Internacional, Oh My God,
Xi yue, MLP, Pollo Campero, Pizzería la Rinconada, Boroa – New
Roz
Servizos Alain A_elou, Opticalia, Óptica Val, The Phone House, Vodafone,
Orange, Mr. Minit, T’Abla, Pressto, Parat, R, Lotería, Toner 10


Horarios de apertura de As Cancelas:

  • Zona comercial: de luns a sábado de 10 h. a 22 h.
  • Hipermercado: de luns a sábado de 9 h. a 22 h.
  • Lecer e restauración:
    • De domingo a xoves de 12 h. a 24 h.
    • Venres, sábados e vísperas de festivos de 12 h. a 01 h.

Más información: www.ascancelas.es | @AsCancelas | facebook.com/AsCancelas

Información para prensa:

Europublic Comunicación
C/ Compostela, 8. 5 15005 A Coruña
Anxo Carracedo +34 673 166 906 / +34 981216191
acarracedo@europublic.es