As promocións de fin de febreiro con descontos especiais

24 de febreiro de 2015

Presentámoste unha serie de tendas do Centro Comercial As Cancelas que che ofrecen descontos e promocións especiais de fin de mes de febreiro.

Durante o mes de febreiro tivemos rebaixas en As Cancelas, periodo que comezou a mediados do mes de xaneiro e que se extendeu ata o día 15 deste mes. Poren, algunhas tendas dispoñen de ofertas propias para ti (ata finais de febreiro).

Se che gusta a moda, tes as seguintes ofertas:

- Di Prego: rebaixas con descontos do 30% e do 40%. Dúas camisas a 59,90€.

- Punto Roma: remate final de rebaixas. Camisolas a 12,95€, camisas a 12,95€ e pantalóns a 9,95€.

- Código Denim: dispoñes de marcas como Desigual ou Levis, entre outras. Tes descontos do 20%, 30%, 40% e 60%.

- Shoes Piel: remate final do 50% e do 70% de desconto.

- Paco Martínez: rebaixas e nova colección "Respira bolsos" a 19,99€.

En cosmética e estética tes as seguintes ofertas:

- Claire´s: cosmética 3x2

- Peluquería Diseño: lavado máis peiteado de señora (8,95€), corte de cabaleiro (8,30€), limpeza de cutis ou calquera tratamento facial -de regalo manicura- (22,95€).

- FlorMar Make Up: 4x3 en produtos. Promo non acumulable.

Esperámoste en As Cancelas.