Platacero presenta en Iberjoya Madrid e en Hong Kong os produtos oficiais para a Fifa Word Cup, simultaneamente

11 de setembro de 2013

A firma PLATACERO escolleu esta semana como a data de presentación, tanto nacional como internacional, dos produtos de prata e METALGOLD® da que é licenciataria oficial única para a FIFA World Cup que se celebrará en Brasil durante o próximo verán de 2014. Farao en Madrid e Hong Kong á vez.

A firma galega está presente en Iberjoya, no recinto do Ifema de Madrid onde, ademais de presentar o seu catálogo para esta nova tempada como vén sendo habitual en cada cita anual da feira, mostra ao público por primeira vez as creacións que sairán á venda nuns días en máis de 70 países do cinco continentes baixo licenza da FIFA.

PLATACERO elixiu os deseños máis significativos para realizar a presentación oficial aos medios de comunicación, profesionais da xoiaría e público en xeral, entre os días 11 e 15, e non será até mediados de mes cando presente o catálogo completo con máis de 200 referencias. Un avance destes produtos pode xa consultarse na súa web www.platacero.es.

Entre estas referencias atópanse todo tipo de colgantes, pulseiras, pendentes, xemelgos e pasadores de gravata, cuelgabolsos e moitos outros produtos con acabado en prata, ouro e ouro rosa, principalmente, tanto para muller, como para home e neno. En palabras da xerente da empresa, Anya Martínez: "Fixemos unha aposta moi forte á hora de unir a máxima calidade en xoiaría cos deseños máis modernos, elegantes e frescos, referidos ao mundo do fútbol", asegura.

Pero non só en Madrid está presente PLATACERO esta semana xa que parte do equipo comercial da empresa atópase xa en Hong Kong para asistir á Hong Kong Jewelry Fair, que se celebra entre os días 13 e 17 deste mes, e onde tamén se darán a coñecer, neste caso ao mercado asiático e de Oriente Medio, principalmente, todos os produtos do catálogo FIFA World Cup 2014 que se celebra en Brasil entre xuño e xullo próximos.