Os coidados que necesita un gato por Kiwoko As Cancelas

01 de setembro de 2015

O gato é un dos animais domésticos que máis compañía nos fai. En Kiwoko As Cancelas sabémolo. Descobre neste artigo cales son os seus coidados e necesidades.

Neste artigo falámosvos dunha idea de Kiwoko, tenda para o coidado dos teus animais domésticos que podes encontrar na planta baixa do Centro Comercial As Cancelas. No seu interior, tes todo o necesario para gatos, cans, peixes, paxaros e outros animais: alimentación, aseo, xoguetes e moito máis.

O tema de hoxe é o seguinte: os coidados e necesidades do gato. En realidade, un gato é unha mascota que non require duns coidados excesivos para telo contento no teu fogar. Só é necesario un espazo onde aloxalo, comida apropiada e mostras de cariño. Non obstante, si hai algo que o diferencia, por exemplo, do can: é o seu maior grao de independencia.

1. A alimentación: o importante é que o gato coma ben, no sentido de que o alimento sexa de calidade e nunha cantidade adecuada, sempre en función do talle do felino e da súa idade. A recomendación de Kiwoko é que o gato dispoña de tres recipientes para comer: un para a comida seca, outro para a comida húmida e outro para a auga. Por suposto, a auga ha de ser cambiada con frecuencia e os recipientes deben limparse despois de cada uso.

2. Unha serie de coidados básicos: atender o calendario de vacinacións, dispoñer dun caixón para poder satisfacer as súas necesidades fisiolóxicas sempre que o necesite, acostumalo á limpeza dende pequeno, insistir no aseo diario e, entre outras cuestións, vixiar as relacións con outros animais (coellos ou hámsteres, debido ao carácter depredador do felino; e cans, sobre todo se non son acostumados a vivir xuntos dende pequenos).

3. As necesidades do gato: en canto á chegada á casa, a súa saúde, a súa diversión e a súa hixiene, consulta neste artigo do blog de Kiwoko para máis detalles.

 

A continuación, presentámosche algúns artigos para o teu gato:

Para o seu seu descanso: Cuna Zolux Club Castle gris de varios tamaños

As Cancelas Kiwoko Gato

Para o seu coidado: Perlas absorbentes para gatos Kiwoko Start

As Cancelas Kiwoko Gato

Para a súa alimentación: Affinity Ultima Feline Adult Sterilized Polo e Cebada 3 kg

As Cancelas Kiwoko Gato

 

Esperámoste en Kiwoko, en As Cancelas.