O planazo do domingo en As Cancelas: cinema e cea

28 de agosto de 2015

O mes de agosto chega ao seu fin e este domingo día 30 os cinemas e restauración están abertos. Descobre o plan de As Cancelas con Cinesa e Muerde La Pasta.

Este mes de agosto 2015 está a punto de rematar. Foi un mes de verán intenso, pois tivemos calor en moitas zonas de España, chuvias noutras e, por suposto, os plans habituais do verán: vacacións, encontros con novas persoas, reunión con familiares, etc. Non obstante, aínda que agosto se remata, non todo chega á súa fin. Este domingo 30 é o último domingo do mes de agosto 2015. É por iso que, ademais de recordarche que cines e restauración están abertos ao público, che propoñemos un plan de domingo. Trátase dun plan do Centro Comercial As Cancelas deseñado e pensado para ti.

En primeiro lugar, imos falar de cine en Cinesa. Para o día de hoxe tes unha película moi interesante. O filme en cuestión titúlase Un Día Perfecto. É unha película que mestura drama e comedia a partes iguais. O argumento é o seguinte: cóntase a historia de seis personaxes. Sophie (Mélanie Thierry) quere axudar á xente, Mambrú (Benicio del Toro) quere regresar á súa casa, Katya (Olga Kurylenko) quixo nunha ocasión a Mambrú, Damir (Fedja Stukan) quere que a guerra remate, Nikola (Eldar Residovic) quere unha pelota e B (Tim Robbins) non sabe o que quere en realidade. Non obstante, como adoita acontecer, o ideal e o real non son como nós esperamos. Deste modo, a historia destas persoas crúzase, posto que son un grupo de cooperantes intentando sacar un cadáver dun pozo nunha zona de conflito. Alguén o tirou dentro para alterar a auga e deixar sen abastecemento as poboacións próximas. Isto é complicado, pois eles deberán loitar contra algo que vai máis alá do puramente racional, dando lugar a un montón de situacións de tensión.

As Cancelas Plan de domingo 30.08

Os horarios de emisión da película para este día son os seguintes:

 

DOMINGO, 30/08

Sala 1 / Dixital

12:10 horas / 16:00 horas / 18:00 horas

Sala 4 / Dixital

20:30 horas / 22:45 horas

 

En segundo lugar, contámosche o noso plan de domingo para ti en relación coa cea. No Centro Comercial As Cancelas temos o restaurante Muerde La Pasta, o cal está situado na planta 2, ao lado dos cines Cinesa. A nosa proposta é a seguinte: unha pasta rechea, Sacchetti Formaggio e Pere, e unha pasta sen recheo, Spaghetti alla Bolognese. A continuación, tes os dous exemplos:

As Cancelas Plan de domingo 30.08

As Cancelas Plan de domingo 30.08

Esperámoste en As Cancelas.