O graffiti e os talleres no Mes da Cultura Urbana

03 de febreiro de 2015

Chegando os talleres de graffiti os días 4 e 5 de febreiro, falamos deste arte dentro do mundo hip hop

O graffiti é unha das actividades estrela da semana da Cultura Urbana, evento que terá lugar do 4 ao 7 de febreiro. Contará coa presenza de Asten, primeiro premio do Xuventude Crea 2014 nesta categoría, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, o cal fará unha exhibición en directo durante os talleres de graffiti que se executarán na planta baixa do centro comercial na zona estancial os días 4 e 5 de 18:30 a 20:30 horas, e o día 6 de 17:30 a 19:00 horas.
Ata o día 28 de febreiro teremos no Centro comercial unha exposición formada por 5 obras cunhas dimensións de 2x4 metros, gañadores do Certame Galego Xuventude Crea, incluíndo a Asten. Estas creacións estarán expostas ata o día 7 de febreiro na Planta 2 de Centro comercial e a partir do día 9 de febreiro ata final de mes na Planta Baixa (zona estancial).
Por el, nada mellor que falar sobre as orixes e a evolución do graffiti, tarefa que na web Instituto Urbano se encargaron de documentar e elaborar. En concreto, este termo provén da palabra sgraffio (rabuño). Xa na antiga Grecia existían restos de arxila con textos e eslóganes políticos. Esta técnica prolongouse ao longo da historia ata a Segunda Guerra Mundial. A partir deste momento, o seu uso ampliouse entre diversos sectores sociais en diferentes partes do mundo.
O graffiti de finais do século XX e principios do século XXI incorporou tendencias da arte contemporánea e desenvolveuse a todos os niveis. Estamos a falar dunha forma de expresión artística contemporánea que se iniciou na cidade de Nova York e en Filadelfia, aproximadamente na década dos 70. Entre os pioneiros desta arte encontrábase Demetrius, un mozo que escribía "TAKI" e "183", o número da súa casa, por todas as partes. A partir de aquí, podemos dicir que esta arte do hip hop non é igual en Nova York ou en Madrid, ou en calquera outra cidade do mundo, posto que as urbes pertencen a ámbitos culturais diferentes.

En Hip Hop Groups podes encontrar moitos exemplos de mostras de graffiti subidas por usuarios e afeccionados.

Cultura Urbana - Graffiti