Novidades de cinema e lecer en As Cancelas

20 de febreiro de 2015

Esta fin de semana temos actividades en As Cancelas, tamén nos cines e nas nosas tendas

Esta fin de semana chegan dúas novas estreas de cinema con dous filmes: "El Francotirador" e "El Libro de la Vida"

En primeiro lugar, "El Francotirador" é unha adaptación á gran pantalla da autobiografía do Navy SEAL (soldado norteamericano) Chris Kyle, o cal é enviado a Irak cunha misión: protexer aos seus compañeiros. A súa precisión milimétrica permítelle salvar moitas vidas no campo de batalla e, deste modo, vai gañando o nome de "Lenda". Non obstante, a súa reputación tamén medra máis alá das liñas inimigas, de maneira que poñen prezo á súa cabeza e remata convirtíndose nun obxectivo prioritario para os insurxentes. Ademais, este home tamén ten problemas na súa casa.

En segundo lugar, tes o filme "El Libro de la Vida", unha obra de animación cun estilo visual único. Esta película narra a historia de Manolo, un mozo que debe decidir entre cumprir as expectativas da súa familia ou seguir o que lle dicta o seu corazón. Antes de elixir o seu camiño, Manolo entra nunha aventura composta por tres mundos fantásticos nos que deberá enfrontarse cos seus peores inimigos.

El Francotirador - CineEl Libro de la Vida - Cine

En As Cancelas, tamén tes lecer. Precisamente o restaurante Muerde la Pasta ofrece aos seus clientes a oportunidade de crear menús personalizados coa axuda de máis de 40 ingredientes. Deste modo, podes engadir á túa ensalada produtos da terra, froitos do mar, crocantes, ingredientes doces, alimentos proteínicos e outros, tales como o arroz branco, o arroz salvaxe e a pasta de cores.

Finalmente, non esquezas que estamos no Mes da Cultura Urbana. Tes dispoñible unha exposición con murais de graffiti dos gañadores do certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia.

Esperámoste en As Cancelas.