As estreas de tempada nas principais firmas de moda

25 de febreiro de 2015

En As Cancelas tes mais de 50 marcas de moda á túa disposición. As rebaixas rematan este mes de febreiro, pero as novas coleccións xa chegaron aos establecementos.

Mes novo, vida nova. O mes de febreiro está nos seus últimos días. Desfrutamos de rebaixas xerais dende a primeira quincena do mes de xaneiro ata mediados de febreiro. Ademais, algunhas tendas ofrecen descontos e ofertas finais ata estes últimos días de febreiro (chegando nalgunhas ocasións ao 70% de desconto). Porén, chegan as novas coleccións de primavera.

Este mes de febreiro foi o Mes da Cultura Urbana en As Cancelas. Por iso, tivemos exposicións de graffiti, visitas de artistas e obradoiros de graffiti, breakdance, beatbox, personalización de gorras, etc. Por esta mesma razón, se o teu é a roupa xoven, deportiva e urbana, tes á túa disposición as tendas Adidas, Décimas, Mundaka World, Polinesia ou Sport Zone. Alí atoparás a nova tempada de moda de cada unha destas tendas con todo tipo de novidades: roupa, calzado, complementos, etc.

Pola contra, se che agrada máis a moda de actualidade e cun carácter máis xeralista, aínda que igualmente xoven, quizais te interesen outras opcións: Benetton, Bershka, C&A, Código Denim, Esprit, H&M, Lefties, Primark, Shana, Springfield e SuiteBlanco.

Se estás máis interesado ou interesada na xoiaría, a bisutería, os complementos (bolsos, pulseiras, aneis..), calzado ou lencería, as túas opcións pódense orientar cara as seguintes marcas: Atempo Alfonso, Calzedonia, Intimissimi ou Marypaz, entre outras.

Esperámoste en As Cancelas.