Estrea outono 2015 coa nova colección C&A en As Cancelas

03 de setembro de 2015

Today's look is de estrea no Centro Comercial As Cancelas con C&A e a súa nova colección de outono 2015.

O outono está á volta da esquina. Trátase dunha estación chea de cambios e novas oportunidades, da volta á rutina e de novos propósitos. Por iso, co regreso ao traballo e o retorno dos máis pequenos ás aulas, en C&A As Cancelas axudámoste a renovar o teu vestiario e o da túa familia, para que retomes con forza e ganas a rutina.

Nesta ocasión, imos falarte das novidades de outono de C&A no Centro Comercial As Cancelas, pero comentándoche algunhas das pezas para muller que van marcar tendencia este outono 2015 e, moi probablemente, tamén no inverno 2015 - 2016. Dende C&A As Cancelas presentámosche unha colección que che axudará a resaltar o mellor de ti, con pezas e complementos que seguen as últimas tendencias e uns tecidos que te namorarán.

A continuación, bota unha ollada a estas pezas de roupa:

As Cancelas C&A Otoño 2015 Mujer

1. Bota de xeonllo: bota con punta redondeada, suave material de polipel, cana sobre o xeonllo con costura en zigzag no remate, cremalleira no interior, reberete interior en polipel liso, tacón cadrado e 4 cm de altura do tacón.

As Cancelas C&A Otoño 2015 Mujer
2. Chaleco: chaleco de corte longo e recto con colo volto.

As Cancelas C&A Otoño 2015 Mujer

3. Abrigo de punto: abrigo realzado cun toque xaspeado no tecido e un reberete de coiro. O seu corte é recto e longo. Ademais, dispón dunha mestura de material con contido de algodón, escote redondo, manga caída, fita de polipel para atar na cintura e petos laterais.

As Cancelas C&A Otoño 2015 Mujer

4. Xersei de punto: trátase dun xersei con escote en pico, de liña básica, corte estreito, tecido de punto fino en algodón e remate ancho nos baixos.

As Cancelas C&A Otoño 2015 Mujer

5. Vaqueiros skinny: vaqueiro con informais efectos used look, corte estreito (the skinny), tecido elástico de algodón, cintura con botón e cremalleira, cinco petos con remaches no dianteiro e varias costuras.

Bo outono con C&A. Esperámoste en As Cancelas.