Espectacular concurso de disfraces de onte e xornada de marionetas e shows para hoxe

17 de febreiro de 2015

O día de hoxe está cheo de actividades: obradoiro de marionetas de man e show infantil.

Estamos a martes de Entroido, unha xornada especial para As Cancelas, dado que hoxe temos dúas actividades destacadas: por unha banda, temos o obradoiro de marionetas de man, dende as 12:00h; e pola outra banda, temos un show infantil co Entroido máxico de Magic Edu, a partir das 18:00h.

O obradoiro de marionetas ten lugar no Club de Celi. En canto ao show de Magic Edu, estamos a falar dunha das promesas máis xóvenes da maxia española. Magic Edu aportará o seu estilo de maxia moi visual e creativa ao que non adoita faltarlle un toque de humor.

Tamén temos as fotos do concurso de disfraces de onte. Damos o noso agradecemento a Circusweet, Ilunion e Party Fiesta pola súa colaboración. As fotos do desfile poden ser recollidas gratuitamente impresas en Filmate Estudio Fotográfico no enderezo Sánchez Freire 22, baixo Conxo, en Santiago de Compostela.

As fotos de disfraces son do desfile e da entrega de premios.

Desfile - As Cancelas - Carnaval 2015

Premios - As Cancelas - Carnaval 2015

Os premiados foron os seguintes:

- Mellor interpretación: Carla Neira e amigas

- Mellor disfrace: Daniel Campo

- Disfrace máis orixinal: Iria Martínez

- Disfrace máis simpático: Noa Vázquez

Finalmente, lembra que febreiro é en As Cancelas o Mes da Cultura Urbana. Por iso ata finais deste mes tes á túa disposición uns murais coas obras de graffiti realizadas polos gañadores do concurso Xuventude Crea da Xunta de Galicia.