Consellos de R e As Cancelas para aforrar memoria no teu móbil

28 de agosto de 2015

Nunca che pasou, como usuario de móbil, que tes pouca memoria no teu dispositivo? En As Cancelas, xunto con R, falámoste dalgúns trucos para aforrar memoria no teu móbil.

As Cancelas dispón dunha tenda de R na planta baixa do Centro Comercial. R é un operador galego de comunicacións por fibra óptica, o cal inclúe todos os seus servizos integrados: teléfono, internet, televisión e tamén móbil. Dende o Centro Comercial As Cancelas ímosche falar neste artigo acerca duns consellos de R para aforrar memoria no teu móbil. Anótaos.

Poñémoste en situación. Resulta que os teléfonos móbiles poden darnos bastantes problemas á hora de falar da súa memoria. É comprensible, pois son aparatos que manexan moitos datos (sobre todo debido aos programas de mensaxería instantánea e ao uso de aplicacións de diverso tipo) e moitas veces non sabemos controlar ben o seu uso. A continuación, falámosche de dous conceptos clave:

Memoria RAM: trátase da memoria temporal onde se almacena información das apps ou procesos que temos abertos. Isto quere dicir que a maior RAM, máis rápido vai o móbil e máis cousas podes realizar á vez. Non obstante, o problema é que a devandita memoria RAM non pode ser ampliada. E outra cuestión: onde ver o consumo da túa memoria RAM? Faise así: Axustes --> Aplicacións --> Administrar aplicacións --> en uso / en execución.

Memoria interna: xa falamos no anterior punto acerca da memoria RAM, pero que é a memoria interna? Pois é, basicamente, o lugar onde se almacenan as aplicacións, fotos, vídeos, música, etc. Non obstante, hai que ter en conta unha serie de cuestións: algúns móbiles, especialmente aqueles máis antigos, non teñen memoria interna (necesitan, polo tanto, dunha tarxeta SD externa), e a memoria interna que especifica o fabricante non coincide coa real (pois algúns GB son libres para o usuario, pero o resto forman parte do sistema operativo e aplicacións base do teléfono.

Os consellos que podes seguir para aforrar memoria no teu móbil son os seguintes:

1. Desinstalación de aplicacións e actualizacións: en primeiro lugar, é necesario desinstalar todas aquelas aplicacións que non uses. Non obstante, ten en conta que algunhas aplicacións non poden ser desinstalar. En segundo lugar, deberías desinstalar tamén as actualizacións, pois cada vez que se actualiza unha aplicación, isto leva consigo un aumento de memoria.

2. Aproveita a memoria SD: unha das vantaxes desta tarxeta é que serve para meter nela aplicacións do noso móbil. Deste modo, aforra espazo e memoria. Non obstante, non todas as aplicacións poden ser movidas.

3. Subir arquivos á "nube": unha boa opción é a de subir unha parte dos nosos arquivos á "nube", é dicir, esas plataformas online que serven para almacenar arquivos (fotos, vídeos...) de forma segura e xestionalos ao noso xeito.

4. Eliminar datos do sistema: por un lado, temos os arquivos temporais. Para eliminalos tes que facer o seguinte: Axustes --> Aplicacións --> Administrar aplicacións, seleccionar a aplicación e pulsar sobre borrar datos ou caché.

5. Uso de aplicacións de xestión de memoria

 

Para saber máis, consulta no blog de R todos os detalles.

Esperamos que estes consellos de R che fosen de utilidade. Esperámoste en As Cancelas.