A concelleira de Turismo Reyes Leis e o xerente de As Cancelas Abraham Cano presentan a I Fashion Night Out en As Cancelas

19 de setembro de 2013

A concelleira de Turismo e tenente de alcalde de Santiago de Compostela, Reyes Leis, e o xerente das Cancelas, Abraham Cano, presentaron esta mañá en rolda de prensa a primeira Fashion Night Out, a festa da moda con tendas abertas até medianoite e descontos de até o 70%.

En palabras de Reyes Leis, “iniciativas como a que presentamos esta mañá resultan clave para o comercio da cidade”, sinalou a concelleira. Ademais, esta festa fará do evento una das mellores noites de shopping de Galicia.

Pola súa banda, Abraham Cano explicou que o centro comercial está moi contento de que todos os comercios sumáronse a esta iniciativa con diferentes actividades e promocións que farán desta noite un evento inesquecible.

A Fashion Night Out terá lugar entre o oito da tarde e a medianoite de mañá venres e será unha oportunidade única para gozar dunha noite de compras distinta, con descontos, agasallos, música e moitas sorpresas para os clientes. Poderanse adquirir pezas de tempada a prezos especiais e gozar das múltiples actividades e sorpresas que preparou o centro comercial para os seus clientes.

Ás dez da noite, na planta primeira, caerá unha gran chuvia de mil globos cargados con billetes de 30, 50 e 100 euros creados especialmente por As Cancelas. En total, unha chuvia de 6.000 euros para gastar durante a noite en todas as tendas do centro comercial.

Moitas delas -como Primark, Carrefour, as tendas do Grupo Inditex, C&A, Branco, Cortefiel, Tien 21, Sfera e Sport Zone, entre outras- ofrecerán ademais descontos e promocións especiais con motivo da FNO.

Para repoñer forzas, os clientes estarán invitados a gozar de cócteles especiais, cava ou viño e a degustar un aperitivo de xamón, queixo e filloas de chocolate. Toda a reunión estará amenizada por djs e haberá actuacións musicais e performances, así como unha gran flashmob participativa. Esta cita imprescindible para os amantes da moda e as tendencias complétase con talleres gratuítos de maquillaxe e masaxe e un divertido photocall para os máis estilosos da noite.

As Cancelas tampouco se esquece dos máis pequenos, que poderán acudir ao espazo infantil do Club de Celi, na planta alta, onde a mascota do centro preparou actividades especiais e un espectáculo do mago Richard.

Para facilitar a chegada ao centro, As Cancelas poñerá un autobús gratuíto entre a Praza de Galicia e o centro comercial entre as 19.00 horas do venres e a unha da madrugada do sábado.

As Cancelas, o novo referente de ocio e comercio en Santiago e a súa área, conta con máis de 50.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas. Na planta baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga firmas de moda e complementos e na segunda encóntranse oito salas de cine e unha ampla e atractiva oferta de locais de ocio e restauración. Ás Cancelas dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano chegan ata o centro: a C2, a C4 e a C11.