Comunicado

31 de decembro de 2012

Na noite de onte produciuse un fatal accidente no centro comercial As Cancelas, a consecuencia do cal faleceu unha menor de idade.

Todos cantos formamos parte de As Cancelas lamentamos profundamente o falecemento da pequena e solidarizámonos coa dor dos seus familiares, aos cales brindamos a nosa colaboración en canto necesiten.

O centro comercial púxose a total disposición das autoridades competentes para que poidan levar a cabo as preceptivas investigacións co maior detalle posible. Neste sentido, a xerencia do centro facilitou ao Xulgado de Garda Nº3 de Santiago de Compostela, que se fixo cargo da investigación, copia das fitas de seguridade.

O centro, recentemente inaugurado, conta con todas as autorizacións e medidas de seguridade requiridas.

Ata a finalización dos informes oficiais, o centro comercial limitará as súas declaracións co fin de non interferir na investigación.