Cine As Cancelas en Santiago con Regresión

29 de setembro de 2015

O 2 de outubro estrease a película Regresión. A tes en Cinesa As Cancelas, en Santiago.

Este 2 de outubro de 2015 estamos do trinque nos cinemas Cinesa do Centro Comercial As Cancelas. A película Regresión por fin estréase nos cinemas e As Cancelas non pode estar fóra da cita. Esta película de 106 minutos de duración, producida entre España e Estados Unidos e do xénero thriller, conta coa dirección de Alejandro Amenábar e a participación dos actores Aaron Ashmore, Devon Bostick, Emma Watson e Ethan Hawke.

O argumento do filme é o seguinte: na cidade de Minnesota, no ano 1990, un detective chamado Bruce Kenner (interpretado por Ethan Hawke) atópase investigando un caso importante relacionado cunha moza nova chamada Angela (intrerpretada por Emma Watson). A rapariga acusa o seu pai de cometer un crime moi grave. Cando o pai da moza admite a súa culpa na perpetuación dos feitos, un psicólogo de renome (baixo o nome de Dr. Raines) decide investigar o asunto para axudarlle a revivir os seus recordos ocultos na súa mente. Con todo, o que vai saír á luz será unha conspiración macabra.

As Cancelas cine Santiago Regresión comprar entradas

Os horarios de emisión da película no Centro Comercial As Cancelas, para o día da estrea e os dous días seguintes, son estes:

VENRES, 02/10

Dixital

16:00 18:15 20:30 22:45 01:00

 

SÁBADO, 03/10

Dixital

16:00 18:15 20:30 22:45 01:00

 

DOMINGO, 04/10

Dixital

12:00 16:00 18:15 20:30 22:45