Chega "Kingsman: Servicio Secreto" aos cinemas de As Cancelas

27 de febreiro de 2015

Estrease "Kingsman: Servicio Secreto" nos cinemas Cinesa de As Cancelas. Trátase do máis recente filme de espionaxe e acción protagonizado polo actor británico Colin Firth.

No Centro Comercial As Cancelas estamos de estrea nos cinemas, pois chega "Kingsman: Servicio Secreto", unha película do xénero thriller, que mestura acción, comedia e espionaxe. A obra está protagonizada polo actor británico Colin Firth, o cal encarna a un veterano axente segredo inglés que debe entrenar ao seu sobriño (interpretado por Taron Egerton) para pasarlle a testemuña na axencia de espionaxe na que traballa. Trátase da adaptación audiovisual do cómic de Mark Millar e Dave Gibbons.

Kingsman: Secreto Secreto - Cine - As Cancelas

O importante da historia desta película é que describe como un adolescente que delinque nos barrios baixos de Londres, cambia a súa vida de forma radical e, de súpeto, pasa de ser un criminal a atoparse entre os espías máis importantes do país. As rúas pasan de ser un lugar para sacar un beneficio propio a ser un lugar ao que protexer.

Ademais de "Kingsman: Servicio Secreto", en As Cancelas tamén temos outras películas: "El Francotirador", "Annie", "Birdman", "Bob Esponja: Un Héroe Fuera del Agua", "Cincuenta Sombras de Grey", "Dios mío, ¿pero qué te hemos hecho?", "El Destino de Júpiter", "El Libro de la Vida", "La Teoría del Todo" o "The Interview".

Esperámoste en As Cancelas.