Catro intensos días de graffiti na Semana da Cultura Urbana

09 de febreiro de 2015

Os obradoiros que tiveron lugar entre os días 4 a 7 de febreiro permitiron achegar o graffiti, o scratch, o breakdance, o beatbox e a personalización de gorras ao gran público. Hoxe tratamos o tema do graffiti.

O graffiti foi unha das actividades estrela dos eventos da Semana da Cultura Urbana, dentro do Mes da Cultura Urbana (febreiro de 2015). Estes obradoiros de graffiti contaron coa presenza de Asten, primeiro premio do concurso Xuventude Crea 2014 na categoría de graffiti, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. E por se isto fora pouco, aínda tes dispoñible en As Cancelas ata o día 28 de febreiro unha exposición formada por 5 obras cunhas dimensións de 2x4 metros, pertencentes aos gañadores do Certame Galego Xuventude Crea, incluíndo a Asten e outros catros artistas.

Quen se encargou de dirixir os obradoiros de graffiti foi o artista Antony de Vigo, que tamén foi o director do obradoiro de personalización de gorras. Antony é membro do xurado do certame de Graffiti da Xunta "Xuventude Crea" e organizador das exhibicións de graffiti do Marisquiño, un evento de cultura urbana e deportes extremos que se celebra na cidade de Vigo.

As persoas que asistiron a estes obradoiros aprenderon a achegarse á linguaxe e a historia do graffiti, coñeceron os usos adecuados do graffiti e as técnicas de spray más utilizadas no arte mural, e puideron crear de forma colectiva unha peza de graffiti.

A través dos obradoiros de graffiti pudiches comprobar a evolución do mesmo dende a súa concepción inicial, na que se inicia a obra cun esbozo ou primeira toma de contacto, pasando polo debuxo e deseño das súas estruturas, ata chegar ao cumio do graffiti, con todos os deseños finais e os retoques que precisa o mural para ter un acabado eficiente. Nas seguintes fotos podes comprobar o proceso evolutivo da obra e tamén o seu resultado final:

Inicio - Graffiti - As Cancelas

Evolución - Graffiti - As Cancelas

Final - Graffiti - As Cancelas

Esperamos que estes obradoiros foran do teu agrado e tes o noso convite para seguir desfrutando do Mes da Cultura Urbana en As Cancelas durante os restantes días de febreiro.