As Cancelas trae a Santiago a espectacular exposición didáctica A "Era do Xeo"

01 de outubro de 2013

Desde o día 1 de outubro, o centro comercial As Cancelas ofrece aos seus visitantes de forma totalmente gratuíta a espectacular exposición didáctica A Era do Xeo. Esta mostra recrea, utilizando as últimas tecnoloxías en robótica e animación mecanizada, unha decena de animais que viviron no Pleistoceno e que se extinguiron coa glaciación, como o smilodon ou tigre de dentes de sabre, o gliptodonte ou o mamut. Ademais de observar de preto as espectaculares figuras, con movemento e a escala real, os visitantes da exposición poderán mergullarse nas paisaxes que habitaban estas asombrosas criaturas do pasado grazas a recreacións escenográficas de diferentes espazos naturais.

A gran exposición compleméntase con talleres e actividades para que os máis pequenos aprendan máis sobre o noso planeta e as especies que o habitaron. Os nenos e nenas que visiten a exposición poderán gozar cun taller de debuxo e sentires arqueólogos buscando nun gran arenero os fósiles correspondentes aos animais que se exhiben na mostra. Tamén poderán facerse unha foto co ameazador smilodon ou darse un paseo a lombos dun gliptodonte, un curioso mamífero con caparazón antecesor dos armadillos.

A exposición exhibirase de forma permanente nas Cancelas de 10 da mañá a 10 da noite, mentres que as actividades do sector interactivo estarán organizadas en dúas quendas: de 11 a 14 horas e de 16 a 21. O paseo en gliptodonte poderá facerse de 17 a 21 horas.