As Cancelas dedica o mes de setembro á maxia con talleres infantís e espectáculos todos os venres

05 de setembro de 2013

Setembro é o mes da maxia nas Cancelas coa posta en marcha do I Gran Festival de Maxia Infantil que, cada venres, ofrecerá talleres para os máis pequenos e espectáculos para toda a familia con catro dos mellores prestidigitadores galegos.

As clases para nenos estarán a cargo do mago Pedro Bugarín no espazo infantil do Club de Celi, situado na planta alta das Cancelas, os días 6, 13, 20 e 27 de setembro de 19:00 a 19:45 horas. As prazas -15 por taller- son limitadas, e os nenos e nenas que queiran inscribirse poden facelo no Punto de Información ao Cliente do centro comercial.

Tras as clases de maxia, ás 20.00 horas, tamén no Club de Celi, celebrarase cada venres de setembro un gran espectáculo de maxia para toda a familia. Catro dos mellores meigos galegos mostrarán os seus fantásticos trucos co seguinte calendario:

Venres 6 setembro: Mago Teto.
Venres 13 setembro: Meigo Pablo  
Venres 20 setembro: Meigo Richard.
Venres 27 setembro: Mago Xacobe.
 
Con este gran Festival de Maxia Infantil, As Cancelas mantén a súa aposta por unha oferta de lecer familiar de alta calidade como complemento ás compras e apoia o talento e a creatividade dos artistas e profesionais galegos.