As Cancelas celebra a súa primeira Fashion Night Out con descontos de até o 70%, unha choiva de 6.000 euros para compras e moitas máis sorpresas

16 de setembro de 2013

 

  • O venres 20 de setembro o centro comercial celebra a festa da moda con tendas abertas até medianoite e descontos de até o 70% en artigos de tempada.
  • As dez da noite haberá unha gran choiva de globos con 6.000 euros en diñeiro de As Cancelas para gastar esa mesma noite en calquera tenda do centro comercial. 
  • Djs, cócteles e picoteo gratis, unha flashmob e talleres de estilismo e maquillaxe, entre outras actividades, farán da FNO das Cancelas a mellor noite de shopping de Galicia. 
  • Os máis pequenos poderán gozar de actividades especiais no Club de Celi.
  • Un autobús gratuíto fará a ruta entre a Praza de Galicia e As Cancelas desde as 19.00 até a unha da madrugada para todos os que queiran asistir á Fashion Night Out. 

 

O próximo 20 de setembro, entre o oito da tarde e a medianoite, o centro comercial As Cancelas celebra a súa primeira Fashion Night Out, unha oportunidade para gozar dunha noite de compras distinta, con descontos, agasallos, música e moitas sorpresas para os clientes. Poderanse adquirir pezas de tempada a prezos especiais e gozar das múltiples actividades e sorpresas que preparou o centro comercial para os seus clientes.

Ao dez da noite, na planta primeira, caerá unha gran choiva de mil globos cargados con billetes de 30, 50 e 100 euros creados especialmente polas Cancelas. En total, unha choiva de 6.000 euros para gastar durante a noite en todas as tendas do centro comercial. Moitas delas -como Primark, Carrefour, as tendas do Grupo Inditex, C&A, Branco, Cortefiel, Tien 21, Sfera e SportZone, entre outras ofrecerán ademais descontos e promocións especiais con motivo da FNO.

Para repor forzas, os clientes estarán convidados a gozar de cócteles especiais, cava ou viño e a degustar un saboroso picoteo de xamón, queixo e crepes de chocolate. Toda a velada estará amenizada por djs e haberá actuacións musicais e performances, así como unha gran flashmob participativa. Esta cita imprescindible para os amantes da moda e as tendencias complétase con talleres gratuítos de maquillaxe e masaxe e un divertido photocall para os máis estilosos da noite.

As Cancelas tampouco se esquece dos máis pequenos, que poderán acudir ao espazo infantil do Club de Celi, na planta alta, onde a mascota do centro preparou actividades especiais e un espectáculo do mago Richard.

Para facilitar a chegada ao centro, As Cancelas porá un autobús gratuíto entre a Praza de Galicia e o centro comercial entre as 19.00 horas do venres e a unha da madrugada do sábado.