As Cancelas celebra a primeira edición do seu concurso infantil de debuxo

25 de xaneiro de 2013

No certame " Que é para ti As Cancelas? " poden participar nenos e nenas de ata 12 anos que crearán as súas obras de arte nos talleres do centro comercial e co apoio de monitores

 

O Centro Comercial As Cancelas invita a todos os nenos e nenas a participar no certame de debuxo " Que é para ti As Cancelas? ".

Os novos artistas poderán debuxar e presentar as súas creacións nos talleres que o centro comercial poñerá en marcha o venres 25, de 17.00 a 21.00 horas, e o sábado 26, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Os talleres estarán situados en zonas acoutadas con valos de cores e as actividades estarán dirixidas por monitores.

Ademais de participar no concurso cos seus debuxos, os máis pequenos da casa poderán gozar con música, bailes e coreografías, globoflexia, talleres de maquillaxe e outras actividades. Todos os participantes no concurso recibirán un regalo do Centro Comercial As Cancelas ademais de pasar un rato divertido.

O certame de debuxo conta con dúas categorías: ata sete anos e de oito a doce anos. O primeiro premio para os máis pequenos será unha tablet infantil e o da categoría de maiores, unha consola Wii.

O domingo día 27 de xaneiro, a partir das 17.30, celebrarase a gran festa de entrega de premios, que incluirá moitas actividades divertidas, o espectáculo de monicreques "A noite dos monstros" e caramelos para todos os asistentes.

As Cancelas invita a todas as familias a compartir no centro un rato de xogos e diversión e recorda aos seus usuarios que se poden chegar ao centro comercial en tres liñas de autobús urbano -C2, C4 e C11- e que conta con aparcadoiro gratuíto.