As Cancelas celebra o 3 de setembro o último sorteo do Supermartes do verán cun grande espectáculo de maxia

31 de agosto de 2013

O centro comercial As Cancelas celebra o martes 3 de setembro, ás 20 horas, o último sorteo de compras gratis dos Supermartes do verán, que estará precedido por un grande espectáculo de maxia a cargo do popular prestidixitador Cir Kote ás 19.00 horas fronte ao punto de información da planta baixa.

Ata 30 minutos antes do sorteo, os clientes de As Cancelas poderán achegar as súas tiquets por compras de 10 ou máis euros -ata un máximo de 300- realizadas en martes durante o mes de agosto. Cada tiquet do Supermartes dá dereito a tres oportunidades para gañar, xa que ademais se sortearán os últimos catro carros da compra por valor de 100 euros cada un e produtos tecnolóxicos de última xeración (Consolas Wii, Tablet e cámaras dixitais). Para este último gran sorteo incluiranse todos os tíckets de compra selados durante o verán, polo que todos os participantes en sorteos anteriores teñen unha nova oportunidade de gañar.

Ademais do espectáculo de maxia, no sorteo estará tamén o extraterrestre Celi, a mascota Das cancelas, que regresa das súas vacacións para reencontrarse cos seus amigos e preparar os talleres que compartirán durante o novo curso.