Actuación do Mago Pablo e novo taller de maxia con Pedro Bugarín o próximo venres en As Cancelas

11 de setembro de 2013

Setembro é o mes da maxia en As Cancelas coa posta en marcha do I Gran Festival de Maxia Infantil que, cada venres, ofrece talleres para os máis pequenos e espectáculos para toda a familia cos mellores prestidixitadores galegos.

As clases para nenos estarán a cargo do mago Pedro Bugarín no espazo infantil do Club de Celi, situado na planta alta Das cancelas, todos os venres de setembro de 19:00 a 19:45 horas. As prazas -15 por taller- son limitadas, e os nenos e nenas que queiran inscribirse poden facelo no Punto de Información ao Cliente do centro comercial.

Tras as clases, ás 20.00 horas, tamén no Club de Celi, se celebrará tamén cada venres de setembro un grande espectáculo de maxia para toda a familia. O venres 13 a quenda é para o Mago Pablo.
Con este gran Festival de Maxia Infantil, As Cancelas mantén a súa aposta por unha oferta de ocio familiar de alta calidade como complemento ás compras e avala o talento e a creatividade dos artistas e profesionais galegos.