Actividades durante a próxima exposición da II Guerra Mundial

21 de febreiro de 2015

A Exposición da II Guerra Mundial Das cancelas iniciarase o próximo 2 de marzo e rematará, tras unha serie de actividades, o 29 de marzo.

Febreiro é o Mes da Cultura Urbana. Tivemos, en primeiro lugar, a Semana da Cultura Urbana, con actos e exposicións de graffiti, breakdance, beatbox, personalización de gorras, etc. En segundo lugar, hai poucos días, concretamente o 18 de febreiro, remataron as festas do Carnaval Nas cancelas (entre outras cousas, tivemos desfiles, talleres de caretas e antefaces, espectáculos máxicos, charangas e espectáculos inchables para os máis cativos). Pois ben, se febreiro é o mes da Cultura Urbana, marzo será un mes cunha actividade importante. Teremos a Exposición da II Guerra Mundial.

Contaremos o próximo mes con actuacións e representacións de vehículos orixinais do conflito bélico máis importante do século XX, atrezzo e uniformes, exposicións fotográficas e escenografías.

Sendo máis concretos, e falando de actividades da fin de semana, teremos importantes actividades durante os sábados do mes de marzo:

- Sábado 7, de 16:00 a 21:00 horas. Photocalls en escenografías. Recreadores históricos con uniformes.

- Sábado 14, ás 19:00 horas. Música dos anos 40.

- Sábado 21, de 18:00 a 21:00 horas. Sesión mozas Pin-up.

As Cancelas - II Guerra Mundial - Expo

As Cancelas - II Guerra Mundial - Expo (interior)

Non esquezas que aínda tes cousas para facer Nas cancelas durante o mes de febreiro: promocións e descontos en moitas tendas, exposición dos gañadores do concurso Xuventude Crea de la Xunta de Galicia na categoría de graffiti, etc.

Benvido a As cancelas.