InvestigArte, o concurso artístico dos científicos de hoxe e de mañá , mostra os seus mellores traballos en As Cancelas

27 de decembro de 2013

InvestigArte é un concurso de arte visual dirixida científico e tecnolóxico a dous perfís específicos: investigadores e alumnos de ESO, bacharelato e formación profesional. Dende hoxe esta iniciativa terá instalada a súa exposición itinerante, cun novo e orixinal formato, na primeira planta do centro comercial As Cancelas, e permanecerá aberta ao público ata o próximo 6 de xaneiro.

InvestigArte nace en 2012, ideado por un grupo de mozos investigadores que non se conforman con que as súas investigacións e innovacións tecnolóxicas queden no mundo científico, senón que pretenden romper esta barreira e mostrar á sociedade o seu traballo e a utilidade que estas ten no noso presente e futuro.

O concurso está organizado por educaBarrié (a canle de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado polaUniversidade de Santiago de Compostela) e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS); con dous obxectivos principais: achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade, e a activar a visión artística e creativa da ciencia entre os alumnos de ESO, bacharelato e formación profesional a través dun concurso artístico multidisciplinar.

A edición 2012/2013 foi todo un éxito tanto a nivel de participación por investigadores e escolares, coma a nivel mediático a través da súa páxina web, www.investigarte.es. O seguinte obxectivo deste proxecto foi mostrar todos estes traballos a través de exposicións itinerantes que percorreron a nosa xeografía dende abril deste ano.

InvestigArte abriu recentemente a súa segunda edición na que os investigadores de hoxe e de mañá poderán volver ofrecer a súa visión máis orixinal do mundo da ciencia e a tecnoloxía.

As Cancelas, o novo referente de lecer e comercio en Santiago e a súa área, conta con máis de 50.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas. Na planta baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga firmas de moda e complementos e na segunda atópanse oito salas de cine e unha ampla e atractiva oferta de locais de lecer e restauración. As Cancelas dispón de 2.150 prazas de aparcamiento gratuitas e tres liñas de autobús urbano chegan ata o centro: a C2, a C4 e a C11.