Sos Animalia aposta polo benestar dos animais de compañía

17 de abril de 2013

SOS Animalia é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en setembro de 2012.

Está formada por un grupo de persoas ás que une fundamentalmente o amor polos animais e que, ante o elevado número de animais abandonados e maltratados, deciden organizarse para tentar ofrecerlles unha vida mellor.

Os seus obxectivos principais son os de protexer, acoller e fomentar a adopción de animais de compañía, así como a tenencia responsable e o correcto coidado dos mesmos.

Outros obxectivos fundamentais son os seguintes:
 

  • Axudar aos animais que o necesiten (estados de abandono, malos tratos... etc).
  • Potenciar a esterilización para evitar a masificación de animais abandonados.
  • Inculcar e ensinar respecto e amor cara aos animais.
  • Fomentar todos aqueles actos que tendan a desenvolver en acódelas sentimentos de agarimo e protección cara aos animais.
  • Velar para que se cumpran as leis vixentes sobre a protección dos animais.


Máis información, aquí.