Presentación do Club Infantil de As Cancelas e a súa mascota Celi

27 de maio de 2013 to 31 de maio de 2013

As Cancelas dá a benvida o venres 31 de maio a Celi, un simpático extraterrestre que chega a Compostela para facer novos amigos a través do club que leva o seu nome. A partir das cinco da tarde, Celi estará no centro comercial para recibir os nenos que desexen inscribirse gratuitamente no Club Infantil do centro comercial, entregarlles o seu carné e un regalo de benvida. Celi tamén se fará unha foto cos nenos no novo espazo infantil que habilitou As Cancelas na planta alta do centro.

A inscrición no club é gratuíta e todos os socios recibirán un regalo de benvida e un carné personalizado co que poderán acceder a premios e descontos, ademais de información sobre as numerosas actividades deportivas, educativas e solidarias que poñerá en marcha o novo club.

Celi, un gracioso personaxe creado en exclusiva para o centro, é un extraterrestre disposto a compartir xogos e talleres cos nenos e aprender deles e con eles. Dende a súa apertura, As Cancelas coidou especialmente o carácter formativo e pedagóxico das actividades programadas para os máis pequenos da casa. O centro comercial acolleu talleres nos que se fomentou nos máis pequenos o interese polas artes, a ecoloxía, o respecto aos animais, os valores asociados ao deporte ou a cociña, entre outros moitos.