O centro comercial As Cancelas e Adecco apoian aos parados galegos na procura de emprego

21 de novembro de 2013

O centro comercial As Cancelas acolle o xoves 21 de novembro un taller gratuíto, organizado por Adecco, para asesorar e orientar laboralmente, de maneira gratuíta, a todos os demandantes de traballo.

Na devandita xornada, a empresa de RRHH axudará aos candidatos que busquen emprego a prepararse para os procesos de selección, cada vez máis exhaustivos, que as empresas realicen durante a próxima campaña de contratación do Nadal. A través dun taller de emprego, Adecco porá ao servizo dos visitantes do Centro Comercial As Cancelas diferentes consellos que axuden á procura dun posto de traballo. O taller ofrece a posibilidade de coñecer as novas oportunidades que presenta o mercado laboral e achega as ferramentas necesarias para afrontar correctamente a procura de emprego.

Durante o taller, que se realizará en horario de 11:00 a 13:00 horas, especialistas en recursos humanos darán as claves para a correcta elaboración dun currículo, o desenvolvemento das entrevistas de traballo e como afrontalas, así como a superación de diferentes probas psicotécnicas que actualmente se realizan nos procesos de selección das compañías.

 

  •  Data: 21 de novembro de 2013
  • Lugar: As Cancelas
  • Hora: De 11:00 a 13:00