O autobús gratuíto de As Cancelas pasará este sábado por Portosín, Noia e Milladoiro

13 de febreiro de 2013 to 17 de febreiro de 2013

O autobús iniciará a súa ruta en Portosín, ás 10 da mañá, e terá paradas en Noia e Milladoiro.

As Cancelas invita de novo este sábado aos veciños dos arredores de de Santiago que aínda non coñecen o centro comercial a pasar un agradable día de compras e ocio. O próximo sábado, 16 de febreiro, os veciños de Portosín, Noia e Milladoiro dispoñerán dun autobús que lles levará gratis ata o centro comercial. O autobús sairá ás 10 da mañá de Portosín (a parada estará situada no Porto) e deterase a recoller pasaxeiros en Noia (10.30, na estación de autobuses) e Milladoiro (ás 11.15 na parada que hai fronte ao supermercado El Árbol).


Os pasaxeiros poderán encher unha tarxeta que lles dará dereito a obter descontos e ofertas en establecementos de restauración e cafetarías da planta alta Das cancelas. Os visitantes poderán coñecer as tendas e locais do centro comercial, aproveitar os últimos días de rebaixas e coñecer as novas tendencias da tempada de primavera. Ás 18.00 horas, o autobús sairá do centro comercial para comezar a ruta de volta, coas mesmas paradas.