Mes do Deporte: Axenda 2ª semana

19 de xuño de 2017 to 25 de xuño de 2017

O 19 de xuño comeza a segunda semana de actividades do Mes do Deporte con baile, ximnasia rítmica, tenis e minigolf. Non o podes perder!

Acabáronse as escusas para facer deporte. En As Cancelas propoñémonos axudarche a poñerte en forma. Do 15 de xuño ao 15 de xullo, as tres planas do centro comercial acollerán múltiples actividades deportivas: zumba, fútbol, ioga, tenis…

Do luns 19 ao venres 23 de xuño

Tenis: Goza da pista de tenis instaladas polo Club Family Pádel Los Tilos, de 18:00 a 21:00h na planta 1. ( Prazas dispoñibles para os socios do Club de Celi. Se aínda non es socio, non te preocupes, podes inscribirte gratuitamente en calquera momento en As Cancelas.

Do mércores 21 ao domingo 25 de xuño

Motor: As Cancelas contará tamén cunha exposición co coche do piloto de rally Luís Penido, entre o martes 20 e o domingo 25 de xuño na planta 2. O piloto estará no centro comercial o sábado 24 de xuño, de 19:00 a 21:00 horas, para atender aos seguidores e firmar autógrafos.

Mércores 21 de xuño

Ximnasia rítmica: Na planta 2 teremos unha exhibición de ximnasia rítmica a partir das 18:30 horas, onde posteriormente, terá lugar unha clase na que poderán participar todas as persoas (aforo limitado).

Do xoves 22 ao sábado 24 de xuño

Minigolf: Toda a familia poderá probar a súa puntería no campo de minigolf que se instalará na planta 1, coa colaboración de Aero Club de Santiago.

Venres 23 de xuño

Baile: Ven e goza do festival de baile da man da academia Pasito de Baile na planta 2 de 18:00 a 21:00horas.

Sábado 24 de xuño

Zumba solidario: A planta segunda será o escenario dunha gran clase de zumba impartida polos mellores monitores desta especialidade en Galicia, na que As Cancelas doará un kilo de produtos ao Banco de alimentos por cada participante.