Inauguramos o novo Club de Celi

01 de outubro de 2016

Este sábado estás convidado á inauguración do novo Club de Celi, que contará cunha sesión de teatro infantil e agasallos para todos.

O próximo día 1 de outubro todos os pequenos visitantes de As Cancelas teñen unha cita ás 19:00 horas na renovada sede do Club de Celi da planta superior, para gozar dun divertido espectáculo de teatro infantil da man do grupo Falabaratas. A diversión e as risas están aseguradas, pero ademais, repartirase a todos os asistentes un peluche da nosa querida mascota Celi de agasallo.

Con esta ampliación, que sitúa a superficie da nova zona de xogos nos 210 m2, os visitantes máis pequenos de As Cancelas dispoñen dun espazo cunha decoración cálida, xogos renovados e zonas de descanso para os pais e acompañantes dos nenos e nenas, que se suma aos 50 m2 da zona infantil de planta baixa, onde se atopan un gran taboleiro para debuxar e unha pantalla de audiovisuais.