Fashion Night As Cancelas 2016

14 de outubro de 2016

Música, descontos, actuacións, aperitivos, cócteles e un gran sorteo de 4.000€, con Mario Vaquerizo como mestre de cerimonias.

Un ano máis, e xa son catro edicións, As Cancelas acolle o grande evento da moda e as tendencias da tempada de outono. O vindeiro venres 14 de outubro celebramos a Fashion Night 2016 coas tendas abertas ata a medianoite, música ata a unha da madrugada, descontos, obradoiros de maquillaxe, actuacións, aperitivos, cócteles e un gran sorteo de 4.000€ repartidos en vales de 20€ para gastar esa mesma noite nos establecementos colaboradores do evento.

Ademais, contaremos coa presenza de Mario Vaquerizo que exercerá como mestre de cerimonias da noite da moda de As Cancelas. Entre as sete e as oito e media da tarde, o cantante e showman televisivo farase fotos coas súas fans no photocall da última planta e pechará a festa poñendo desde as 23:30 horas os seus temas favoritos. Unha oportunidade única para coñecer a un dos personaxes máis divertidos e influentes da televisión e gozar da gran noite da moda e as compras.

Para que ninguén se perda a festa, ofreceremos un servizo de autobús lanzadeira gratuíto que conectará a praza de Galicia e o centro comercial dende as seis da tarde ata a unha da madrugada.

Se che gusta a moda, interésanche as tendencias e queres gozar das mellores compras do ano, non podes perder a Fashion Night de As Cancelas.