Este sábado non te perdas Celi en Familia!

26 de outubro de 2013

Este sábado, 26 de outubro, o Club de Celi de As Cancelas celebra un novo taller da actividade Celi en Familia, pensada para que pais e fillos compartan un agradable intre de xogos e actividades. E nesta ocasión, as familias poderán demostrar non só a súa a súa creatividade senón tamén o seu agarimo pintando e decorando grandes corazóns que despois poderás regalar a quen queiras!

Apúntate no punto de información e participa!