Cuarto Aniversario As Cancelas

11 de novembro de 2016 to 19 de novembro de 2016

Este novembro cumprimos catro anos ao teu carón e queremos celebralo por todo o algo, así que non perdas todo o que temos preparado: premios, sorpresas, actividades gratuitas e moito máis.

Levamos aquí catro anos e sentímonos coma na casa. Por iso, este mes de novembro queremos festexar o aniversario de As Cancelas con premios, sorpresas e actividades gratuítas para os nosos clientes e a compaña dalgúns dos personaxes máis queridos de Galicia, con Roberto Vilar como presentador e animador dun gran concurso que repartirá 3.000 euros en premios entre os clientes do centro comercial o sábado día 19.

O pistolazo de saída das actividades do aniversario será o día 11 coa apertura da gran pista de xeo interior para cativos de 3 a 12 anos, que permanecerá aberta ata o día 26 de novembro na planta primeira (corredor fronte a Zara). A pista estará aberta ata as nove da noite e Celi, a mascota de As Cancelas, pasarase para gozar patinando cos seus amigos.

O mesmo día 11, ás 20.30 horas, o grupo folk Os D’Abaixo, un dos máis solicitados en festivais internacionais de música de raíz celta, ofrecerá un concerto gratuíto con cancións tradicionais galegas e as súas composicións propias.

Pensando especialmente nos nosos visitantes máis miúdos, o sábado día 12, a partires das 18.30 horas, chegará a As Cancelas o famoso R4 de Os Bolechas, os personaxes máis queridos dos nenos e nenas de Galicia, dispostos a pasar un momento divertido con todos os seus amigos. Todos os fans poderanse facer unha foto con eles ata as 20.30 horas e levala de balde como recordo.

A quenda do humor chegará o venres 18, ás 20:30h, cun monólogo exclusivo do popular cómico galego, Xosé Antonio Touriñán, coñecido por formar parte do dúo Mucha e Nucha e por participar no programa de televisión Land Rober.

Como colofón final, o sábado 19, ás 19.30 horas, o Gran Roberto Vilar será o mestre de cerimonias dunha edición moi especial de El Precio Justo na que se repartirán 3.000 euros en premios. Poderán participar todos os clientes de As Cancelas que ese mesmo sábado retiren, na entrada do centro comercial e totalmente de balde, os boletos para participar no concurso. Entre todos os boletos elixiranse por sorteo a 16 persoas que sumadas ás 2 que se extraerán de redes sociais, poderán levarse a casa os premios coa súa intuición e a inestimable axuda de Roberto. Ademais, todos os clientes de As Cancelas gozarán da emoción do concurso e a simpatía do presentador.

Música, humor, actividades, premios… Como diría o noso mestre de cerimonias… As Cancelas non para!