Coñeces o Club de Celi de As Cancelas?

01 de outubro de 2013 to 01 de decembro de 2013

A partir das seis da tarde e ata as oito e media, e de luns a xoves, continúanse, no espazo infantil da planta alta de As Cancelas, as actividades do Club de Celi, que ofrecerán novos talleres e sorpresas para este curso, entre elas actuacións e clases de maxia.

Os nenos e nenas que aínda non sexan socios do Club de Celi poden inscribirse enchendo un formulario que pode encontrarse na páxina web de As Cancelas, onde Celi conta co seu propio espazo para comunicarse cos seus amigos e compartir con eles xogos, pasatempos e descargas.

A inscrición no club é gratuíta e todos os socios recibirán un regalo de benvida e un carné personalizado co que poderán acceder a premios e descontos, ademais de información sobre as numerosas actividades deportivas, educativas e solidarias do club.

Celi, un gracioso personaxe creado en exclusiva para o centro, é un extraterrestre disposto a compartir xogos e talleres cos nenos e aprender deles e con eles. Dende a súa apertura, As Cancelas coidou especialmente o carácter formativo e pedagóxico das actividades programadas para os máis pequenos da casa. O centro comercial acolleu talleres nos que se fomentou nos máis pequenos o interese polas artes, a ecoloxía, o respecto aos animais, os valores asociados ao deporte ou a cociña, entre outros moitos.

O Club de Celi ten diversión e actividades para os máis pequenos (até 12 anos) de luns a venres na segunda planta do centro comercial. 

Coñece  todas as novedades en: www.ascancelas.es/clubdeceli/

Esperámoste!