Chega a grande exposición da aviación

06 de marzo de 2017 to 31 de marzo de 2017

Haberá pezas reais de avións, obxectos de época, simuladores, realidade virtual e videoxogos sobre o mundo da aeronáutica.

Pilotos de caza, heroes da Segunda Guerra Mundial, pioneiros da aviación… Dende o luns 6 de marzo ao luns 1 de abril en As Cancelas vestímonos de gala para acoller unha grande exposición sobre a Historia da Aviación con pezas reais, reproducións a escala e elementos e obxectos característicos de cada época.

A exposición distribuirase en dez escenografías distintas repartidas polas tres plantas do centro comercial e fará un percorrido pola historia da aviación, desde os primeiros aeroplanos dos anos 20 do século pasado ata os actuais aparellos comerciais, pasando polos distintos modelos de avións civís e militares de décadas pasadas.

Ademais, todos os sábados os visitantes de As Cancelas poderán vivir a emoción de voar grazas á realidade virtual dos lentes 3D e os simuladores, e gozar de videoxogos relacionados coa aviación. Vascho a perder?

Aproveitando o carácter cultural da iniciativa, tamén teremos un concurso escolar ao redor da exposición. Os colexios de Santiago que desexen participar poden poñerse en contacto co centro a través do correo info@ascancelas.com para coordinar a visita e a participación no concurso.