As Cancelas sortea o 3 de setembro entre os seus clientes catro carros da compra e catro grandes agasallos tecnolóxicos

03 de setembro de 2013

As Cancelas celebra o próximo 3 de setembro un novo Gran Sorteo do Supermartes. Catro carros da compra valorados en 100 euros cada un, catro magníficos agasallos tecnolóxicos (un televisor LED, unha consola Wii, unha cámara de fotos dixital e unha tablet) e a posibilidade obter a devolución do importe dunha compra de até 300 euros realizada o mes pasado. Estes son os grandes atractivos do terceiro e último sorteo mensual dos Supermartes, que terá lugar o 3 de setembro ás 20 horas no Punto de Información do centro comercial As Cancelas.

Lembra que ás 19.00 horas o mago Cirkote e a mascota Celi, encargados de presentar o sorteo, comezarán a quentar o ambiente!