As Cancelas promove o concurso Lánzate, que premia o espírito emprendedor, a innovación e a creación de emprego

15 de outubro de 2013 to 01 de decembro de 2013

O centro comercial As Cancelas promove o Concurso de Emprendedores Lánzate que ten como finalidade a creación de emprego e o desenvolvemento de empresas innovadoras, fomentando para iso o espírito emprendedor. A firma do acordo polo que o Concello de Santiago incorpórase tamén ao proxecto Lánzache terá lugar o 15 de outubro, no CC As Cancelas, e contará coa presenza do alcalde, Anxo Currás, do xerente de As Cancelas, Abraham Cano, e de Manuel de Carlos, subdirector de Lánzate.

Lánzate pretende resaltar a importancia da innovación como principio esencial da creación de empresas, o crecemento das xa existentes e fomentar o emprego. Para iso, anímase aos emprendedores á presentación dun Plan de Negocio, viable e con garantías de futuro, que deberá axustarse ás bases do concurso, que poden consultarse en www.proyectolanzate.es