As Cancelas dedica o mes de abril aos máis cativos con actividades infantís todas as tardes

01 de abril de 2013 to 30 de abril de 2013

O centro comercial pon en marcha o programa Vitamina-T, un proxecto que introduce os
nenos e nenas de forma lúdica e activa no mundo das artes.

As tardes do mes de abril estarán dedicadas aos máis pequenos no centro comercial As Cancelas. De luns a xoves, os nenos e nenas poderán gozar dos divertidos talleres de Vitamina-T, un proxecto didáctico que introduce os nenos no mundo das artes de forma lúdica e activa. Os talleres de Vitamina-T desenvolveranse de seis a oito da tarde e están destinados a nenos e nenas de 3 a 10 anos que estarán acompañados de monitores.

Nos distintos talleres de abril, os nenos poderán realizar distintas actividades, diferentes cada día, relacionadas co teatro, a danza, a escultura, a pintura, o cine, a arquitectura... Cada sesión de Vitamína-T artística é diferente e discorrerá seguindo un programa didáctico que consegue facer sesións divertidas, pero tamén educativas.

O programa inclúe actividades lúdico-deportivas; talleres; recreacións e aventuras; xogos didácticos e populares; xogos posturais, de expresión corporal e espazo; xogos de imitación; xogos de equipo; xogos cognitivos, sensoriais e de linguaxe; xogos auditivos-musicais; pequearobic; danzaterapia; música, teatro e maxia; actividades de animación á lectura; relaxación e pequeyoga.

Os asistentes aos talleres irán acumulando vitaminas por cada día que participen. Ao finalizar a sesión, entregaráselles un adhesivo que poderán pegar no seu calendario vitaminado. Se ao finalizar o mes conseguiron completar este calendario entregaráselles un diploma.