As Cancelas dedica ao deporte as actividades infantís de maio

01 de maio de 2013 to 30 de maio de 2013

Todas as tardes, de luns a xoves, os máis pequenos teñen actividades no centro comercial As Cancelas. Durante o mes de maio, de seis a oito da tarde e para nenos e nenas de 3 a 10 anos, os divertidos talleres de Vitamina-T dedícanse ao deporte e a actividade física.
Acompañados de monitores, os nenos poderán realizar distintas actividades. Cada sesión de Vitamína-T é diferente e discorrerá seguindo un programa didáctico que consegue facer sesións divertidas, pero tamén educativas.

O programa inclúe actividades lúdico-deportivas; talleres; recreacións e aventuras; xogos didácticos e populares; xogos posturais, de expresión corporal e espazo; xogos de imitación; xogos de equipo; xogos cognitivos, sensoriais e de linguaxe; xogos auditivos-musicais; pequearobic; danzaterapia; música, teatro e maxia; actividades de animación á lectura; relaxación e pequeyoga.

Os asistentes aos talleres irán acumulando vitaminas por cada día que participen. Ao finalizar a sesión, entregaráselles un adhesivo que poderán pegar no seu calendario vitaminado. Se ao finalizar o mes conseguiron completar este calendario entregaráselles un diploma. Con Vitamina- T, As Cancelas mantén a súa aposta polas actividades para o público familiar.