As Cancelas celebra o mes da moda coas mellores blogueras, un gran concurso de estilo e sesións gratis de personal shopper

03 de xuño de 2013 to 26 de xuño de 2013

Os máis estilosos e estilosas teñen unha cita ineludible tres días por semana en As Cancelas durante todo o mes de xuño.

Os mércores de xuño serán os Bloggers´days. Catro das mellores blogueras de moda de España (Madame Rosa (día 5), Lovely Pepa (día 12), Bartabac (día 19) e Dulceida (día 26)) estarán en As Cancelas para intercambiar con outras blogueras galegas os seus consellos sobre as últimas tendencias en roupa e complementos, participar nun photocall e compartir un té ofrecido pola tenda Mistelánea, todo iso amenizado por un DJ. Os miles de seguidores e seguidoras destas novas gurus do estilo poderán seguir todo o que van facer en As Cancelas a través das súas blogs, nos que haberá sorpresas cada semana.

Todos os xoves de xuño, As Cancelas porá a disposición dos seus visitantes os consellos de Rosina Landó, máis coñecida no mundo da moda como Rosland, unha das persoal shoppers con máis prestixio de Galicia. Rosland asesorará de forma gratuíta a todas as persoas que se inscriban a través da páxina web das Cancelas en dous horarios diferentes: nun tour para grupos de cinco acodes de 12 a 14 horas e en sesións individualizadas de 25 minutos polas tardes de 18 a 21 horas.

Os venres pola tarde, as blogueras 2 Blow up Team utilizarán as diferentes tendas do centro comercial como escenario para unha sesión de fotos na que configurarán o Total Look As Cancelas utilizando e mesturando pezas que se poden adquirir no centro para crear looks impactantes e alcanzables que se subirán ao perfil de facebook do centro comercial.

Ademais, todos os que queiran sentirse bloggers de moda por un día e demostrar o seu estilo persoal, poderán participar durante todo o mes de xuño no gran concurso de looks de As Cancelas. Para iso, deberán facerse unha foto no centro comercial co seu mellor look e subila á aplicación da páxina de Facebook do centro comercial para someterse á votación popular. As fotos pódense subir durante todo o mes e a votación comezará o 1 de xullo, momento no que serán visibles as fotos. Poderase votar até o domingo 7 de xullo. Entre os 10 primeiros, un xurado de expertos en moda elixirá aos 3 gañadores, que recibirán como premio 200 euros.